Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA APOIA A CONTINUIDADE DA PLANTA DE SIEMENS GAMESA NAS SOMOZAS E IMPLICARASE ACTIVAMENTE NA SÚA DEFENSA

Imaxe cedida por COPE

O primeiro tenente de alcalde de Ortigueira, Ángel Lozano, destacou hoxe o apoio do Concello ás reivindicacións do comité de empresa da planta de Siemens Gamesa en As Somozas, despois da reunión conxunta mantida onte na localidade entre alcaldes e responsables sindicais á que asistiu en representación da administración local ortegana.

No encontro acordouse constituír unha comisión de traballo para reclamar a continuidade nas Somozas da instalación fabril, dedicada á construción de palas de aeroxeneradores, diante do risco de deslocalización, así como emitir un comunicado de apoio conxunto dos alcaldes e solicitar unha entrevista co conselleiro de Industria, Francisco Conde, como responsable da política industrial galega. O Concello ortegano implicarse activamente en cantas iniciativas se acorden para defender a planta.

Ángel Lozano expresou o apoio da institución municipal aos traballadores e traballadoras nesta loita, especialmente aos que residen en Ortigueira, e insistiu en que a comarca non pode permitirse perder esta planta.

Back to top