Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira acometerá as obras para a ampliación da ponte sobre o río Baleo

  • O consistorio acaba de contratar, cun orzamento de 18.000 euros, a redacción do proxecto, que ten o obxectivo de mellorar as condicións de seguridade no paso do tráfico rodado.
  • O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, explica que “é necesario acometer esta obra de mellora dá circulación xa que a plataforma da ponte é tan estreita que xera dificultades para circular aos vehículos”.

Ortigueira, 3 de febreiro 2023. O Concello de Ortigueira acometerá as obras para a ampliación da ponte sobre o río Baleo, situado no lugar de Barxas, na parroquia de Couzadoiro. Como primeiro paso, vén de adxudicar por 18.089,50 euros a redacción do proxecto.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, explica que “é moi necesario acometer esta obra de mellora da circulación xa que a plataforma da ponte é tan estreita que, no día a día, xera dificultades aos vehículos para circular en ambos sentidos, algo que ademais podería derivar en consecuencias graves no caso dos vehículos de emerxencias”.

Penabad indica que “coa execución desta obra imos mellorar unha infraestrutura moi utilizada no día a día e de carácter básico para a nosa veciñanza” e destaca que “desde o noso equipo de goberno seguiremos traballando para mellorar a prestación de servizos e infraestruturas ao longo de todo o termo municipal, tentando equilibrar a calidade de vida das zonas rurais co núcleo máis urbano”.

Back to top