Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “SEN COLE NO COLE”

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para apuntarse no programa “Conciliortigueira. Sencolenocole” que se organizará durante as vacacións de Semana Santa. Trátase dunha iniativa gratuíta dirixida a nenos e nenas empadroados en Ortigueira para que os seus pais e nais teñan máis facilidades á hora de conciliar a vida laboral e a familiar.

Sencolenocole desenvolverase os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril de 2021 nas instalacións do CEIP José María Lage. O horario será de 9.00 a 14.00 horas.

As inscricións realizaranse no Centro de Información á Muller ata o 26 de marzo ou ata completar as prazas, que son un total de 20.

O programa está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Back to top