O Concello da continuidade á campaña “Implícate, son as túas veciñas” para concienciar contra a violencia machista
- Co motivo do 25N, o Consistorio incorpora este ano tres novos carteis á iniciativa coa que pretende transmitir a importancia de crear unha rede de apoio para a vítima.
- A exposición da campaña poderá visitarse ata o 30 de novembro no claustro do Concello.
- “Non podemos mirar cara outro lado, debemos apoiar ás mulleres que a sofren, dedicando todos os recursos posibles e creando políticas que fomenten a igualdade co obxectivo de eliminar esta lacra dunha vez por todas”, expresou a concelleira de Igualdade, María Lamelas.
O Concello de Ortigueira, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) do municipio, conciencia e sensibiliza contra a violencia de xénero a través da campaña “Implícate, son as túas veciñas”. Co motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o equipo de goberno local da continuidade á iniciativa do ano pasado e busca implicar a todas as persoas na loita contra a violencia de xénero.
“Non podemos mirar cara outro lado, debemos apoiar ás mulleres que a sofren, dedicando todos os recursos posibles e creando políticas que fomenten a igualdade co obxectivo de eliminar esta lacra dunha vez por todas”, expresou a concelleira de Igualdade, María Lamelas. Con esta peza desde o Concello buscan transmitir a importancia de crear unha rede de apoio para a vítima e unha barreira frente ao maltratador.
A iniciativa conta este ano con tres novos carteis e forma parte da programación proposta polo Consistorio co motivo do 25N e conta cunha exposición de carteis no claustro do Concello que poderá visitarse ata o 30 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.