Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cita coa ITV os días 3 e 4 de xaneiro no polígono de Cuíña

Os días 3 e 4 de xaneiro unha Unidade Móbil de inspección técnica de turismos desprazarase ata o polígono industrial de Cuíña no Concello de Ortigueira.

O luns 3 de xaneiro permanecerá aberto de 09:00 a 13:30 en horario matinal e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. O martes 4 pola contra só se prestará servizo en horario de mañá, de 09:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas en acudir poderán solicitar cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou no portal web http://www.sycitv.com/

Back to top