O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO INFANTIL DE DECORACIÓN DE CABAZAS PARA FESTEXAR O SAMAÍN
O Concello de Ortigueira non quere que a celebración do Samaín pase desapercibida no municipio a pesar da situación sanitaria, e por este motivo -a través do Centro de Interpretación do Patrimonio en colaboración coas concellerías de Cultura e Turismo- convoca un concurso infantil de decoración de cabazas.
O certame está pensado para a rapazada con idades comprendidas entre os tres e os doce anos, que deberán presentar unha cabaza natural decorada, tallada ou pintada entregándoa no departamento municipal de Cultura do Concello desde hoxe venres ata o día 26. A recollida realizarase en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e o xurado decidirá o gañador/a entre os días 27 e 29 de outubro. Valoraranse a orixinalidade e a creatividade da decoración.
Todos os participantes recibirán un recordo, e á persoa premiada entregaráselle un lote de libros ou xogos didácticos.
A imaxe da cabaza gañadora publicarase ademais na páxina de Facebook do Concello o día 30.
Na seguinte ligazón poden descargarse as bases do concurso: