Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO CONMEMORA O 25-N

A Concellería de Igualdade de Ortigueira levou a cabo durante todo o mes de novembro unha campaña municipal de sensibilización contra a violencia de xénero baixo o título xenérico “Implícate, son as túas veciñas”, como aportación do Concello á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, hoxe día 25.

Por outra banda, o Concello conmemora o 25-N con outras actividades, entre elas o reparto de material promocional da súa campaña municipal contra a violencia machista entre a poboación en xeral e os centros educativos IES Ortigueira e CEIP José María Lage. Hoxe e mañá distribúense no Centro Social de Ortigueira máscaras reutilizables co lema “Contra a violencia machista. Implícate, son as túas veciñas” e “Polo bo trato. Implícate”, ademais de almanaques e carteis con diferentes frases que chaman, precisamente, a ser proactivos neste sentido.

Back to top