O CONCELLO COLABORA NA DIFUSIÓN DO CATÁLOGO “POR UN ENTROIDO EN IGUALDADE”
O Concello de Ortigueira participa na campaña en festas pola igualdade organizada pola Deputación da Coruña e iniciada no Nadal, e o departamento de igualde municipal colabora para difundir un decálogo “Por un Entroido en Igualdade”.
O Entroido é tempo de festa, propicio o desenfreo, á diversión e a ledicia, mais NON TODO VALE. Descarta disfraces hipersexualizados ou que cousifiquen a muller, non partilles brincadeiras, imaxes ou comentarios sexistas, coida a linguaxe que non xere discriminacións, promove a participación equilibrada e lembra denunciar as agresións NON é NON.
As festas son espazos públicos claves na socialización que están afectados polo patriarcado os roles e estereotipos de xénero e que polo tanto amosan e desenvolven discriminacións e violencias contra as mulleres. Estes espazos constitúense como unha gran oportunidade social para sensibilizar na promoción da igualdade e no rexeitamento contra as violencias machistas.