Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO CELEBRARÁ O MARTES UN MERCADO EXTRAORDINARIO PARA FOMENTAR A ACTIVIDADE DOS COMERCIANTES

O Concello de Ortigueira comunicou aos vendedores que o vindeiro martes se celebrará na Alameda un mercado extraordinario co obxectivo de fomentar a actividade dos comerciantes e favorecer aos negocios de hostalería do municipio.

Tendo en conta criterios sanitarios optouse por organizar o martes esta cita extraordinaria descartando o xoves, 29 de xullo, para evitar aglomeracións durante a Patroa. Prevese que ese día aumenten as visitas a Ortigueira e, por razóns de seguridade e organización, quérese evitar que todas estas persoas concéntrense nos postos do mercado.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, explicou que “a nosa implicación co mercado e co que supón para os vendedores é total” e lembra que “estamos dando todas as facilidades porque, como vimos facendo desde a saída do confinamento, a nosa intención é promover e facilitar a actividade dos comerciantes pero temos que primar sempre a seguridade das persoas”.

Back to top