O CONCELLO AMPLÍA A BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, informou da reapertura da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de auxiliares do servizo de axuda a domicilio dentro do ano 2021. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais despois da publicación da resolución no BOP.
A bolsa será o proceso de contratación de referencia para as vacantes temporais que se produzan no servizo de axuda a domicilio ata a súa cobertura por persoal laboral fixo, cunha contratación transitoria de interinidade; para a substitución de titulares nos casos de excedencia ou suspensión de contrato temporal, con carácter de interinidade; ou para o exceso de acumulación de tarefas na actividade normal do servizo. Estes últimos poderán ser contratos de una duración máxima de 12 meses dentro dun periodo de 18 meses segundo o acordo do Concello Pleno do pasado 29 de decembro polo que se modifica o convenio do personal laboral, modificación que previamente foi consesuada e pactada por unanimidade con todos os representantes sindicales dos traballadores.
A ampliación da bolsa de emprego será publicada, ademais do BOP, no taboleiro de anuncios do Concello de Ortigueira.