O Concello abre o prazo de prematrícula na Escola de Música para o curso 2022-2023
O Concello de Ortigueira abre o prazo de prematrícula na Escola de Música ( EMCO) para o curso 2022-2023. O centro ofrece 30 especialidades musicais. As persoas interesadas poden anotarse ata o 22 de xuño na secretaría da Escola ou ata o 30 do mesmo mes se o fan de forma en liña.
Aqueles e aquelas que queiran anotarse de forma dixital deben encher este formulario https:// forms. gle/ Taog1 RUgGZqueXbd6.
Na Escola ofrécense ademais xornadas de portas abertas para as persoas que aínda non teñan decidida a súa especialidade. Estas desenvolveranse os días 20 e 21 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas da tarde e nelas poderanse realizar probas con instrumentos, así como coñecer as instalacións e ter titorías co profesorado. Para participar nestas actividades será necesario inscribirse na EMCO ou chamando ao teléfono 981 40 24 32.
Especialidades musicais
MÓDULO 1: Música e movemento (iniciación musical, de 3 a 5 anos)
MÓDULO 2: Formación básica (formación musical e instrumental colectiva, para 6 anos)
MÓDULO 3: Canto (canto e voz)
MÓDULO 4: Corda ( bandurria, bouzouki, baixo eléctrico, guitarra, guitarra eléctrica, laúde, mandolina, ukelele)
MÓDULO 5: Folk (acordeón, gaita)
MÓDULO 6: Percusión (batería, percusión, percusión tradicional)
MÓDULO 7: Piano (piano, teclados)
MÓDULO 8: Vento-madeira (clarinete, fagot, frauta travesera, oboe, saxofón)
MÓDULO 9: Vento-metal ( bombardino, trombón, trompa, trompeta, tuba)
MÓDULO 10: Formación especial (dirección, composición)