O CIM DESENVOLVE UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL NO IES ORTIGUEIRA
O Centro de Información á Muller da Concellería de Benestar e Igualdade desenvolve estes días no IES de Ortigueira un programa de educación afectivo sexual dedicado ao alumnado de 4º da ESO, Bacharelato e FP Básica.
A través da actividade denominada “A ruptura do silencio: visibilización e prevención”, trátase de crear un espazo onde rapaces e rapazas poidan abordar desde unha perspectiva integral e próxima á súa realidade a educación afectivo-sexual, tendo en conta todo o relacionado co corpo, a mente, as emocións e as relacións. O programa presenta a sexualidade como unha cuestión social que debe ser normalizada e asociada a valores positivos e saudables.
As accións finalizarán o vindeiro luns e son coordinadas polo persoal técnico do CIM e impartidas pola educadora social de Atalaia Social.
O programa finánciase con cargo ao Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad.