Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ciclo de xornadas informativas ‘Ao redor dun café’ continúa no mes de outubro polas parroquias do Concello de Ortigueira

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade continúa no mes de outubro co ciclo de xornadas informativas “Ao redor dun café”, que ten por obxecto achegar as actividades e os programas municipais ás parroquias. Ademais, en cada unha das sesións recóllense as demandas e suxestións da veciñanza de cara á organización das propostas do vindeiro ano.

Esta iniciativa está enmarcada no Proxecto de Envellecemento Activo, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Na primeira semana deste mes, as parroquias nas que se celebrarán as charlas, serán as seguintes:

  • Loiba, o luns, 2 de outubro, ás 18:30 horas no Centro Social.
  • Couzadoiro, o mércores, 4 de outubro, ás 18:30 horas no Centro Social.
  • Devesos, o venres, 6 de outubro, ás 18:30 horas no Centro Social.

As datas e lugares das restantes parroquias iranse comunicando con antelación a través das redes sociais municipais, así como nos propios lugares.

Back to top