Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Centro Social de San Xoán de Insua acollerá un obradoiro de solo pélvico para informar dos cambios evolutivos e previr enfermidades nas mulleres

O Centro Social de San Xoán de Insua acollerá o venres, 26 de setembro, un obradoiro de solo pélvico co obxectivo de mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos da muller, e previr enfermidades propias do colectivo feminino.

A actividade terá unha duración de catro horas lectivas, que se impartirán en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, da man de Paula Sánchez, matrona do Complexo Hospitalario da Coruña.

A programación do taller mesturará contidos teóricos con prácticos e, ademais, profundará nas repercusións dos embarazos e os partes no solo pélvico.

No que respecta as inscricións, estarán abertas ata o mesmo día do obradoiro e deberán facerse a través do seguinte cuestionario da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: https://goo.su/aADcP

Para máis información: https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/DetalleActividadeCidadan.aspx?CodCurso=A3A1534B01176F7ACB0FD9FFFAAF4317&DInicio=8CF74A7FD52C61508AFA89C9CE34DD08&DLimite=2BFEC6AACA32BB28DA3D99D542B6E75A&EsActivo=B0774228954A144BDC125D402ACC2AD4

Back to top