El Centro Social de San Xoán de Insua organizará un taller de suelo pélvico para informar los cambios evolutivos y prevenir enfermedades en las mujeres.
El Centro Social de San Xoán de Insua acollerá o venres, 26 de setembro, un obradoiro de solo pélvico co obxectivo de mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos da muller, e previr enfermidades propias do colectivo feminino.
A actividade terá unha duración de catro horas lectivas, que se impartirán en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, da man de Paula Sánchez, matrona do Complexo Hospitalario da Coruña.
A programación do taller mesturará contidos teóricos con prácticos e, ademais, profundará nas repercusións dos embarazos e os partes no solo pélvico.
No que respecta as inscricións, estarán abertas ata o mesmo día do obradoiro e deberán facerse a través do seguinte cuestionario da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: https://goo.su/aADcP