O Campionato Galego de Andadura Federada celebrará a súa primeira proba en Ortigueira
A Federación Hípica Galega, en consenso co Concello de Ortigueira, decide aprazar o comezo do Campionato Galego de Andadura Federada 2022, previsto para esta fin de semana, por non poder garantir o seu desenvolvemento con total normalidade.
A nova data desta cita é o domingo 10 de abril. Celebrarase de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 18:00 horas na avenida Juan Luís Pía.
Agardámosvos alí!