O alumnado do CEIP José María Lage gozou da obra ‘A carteira de Augas Claras’ polo Día Mundial do Teatro
O Teatro da Beneficiencia encheuse esta mañá para conmemorar o Día Mundial do Teatro.
O alumnado do CEIP José María Lage gozou da obra de monicreques ‘A carteira de Augas Claras’ da compañía Brincadeira, unha actividade en colaboración co Concello de Ortigueira para achegar o teatro á rapazada.