Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE PIDE UN CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA DIANTE DA PREALERTA POR SECA HIDROLÓXICA

Diante da situación de prealerta por seca que aferta á zona de Ortegal, o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, fai un chamamento á poboación residente e aos que están no concello de vacacións para que sexan responsables no consumo de auga.

A prealerta responde á falta de precipitacións e á diminución do caudal dos ríos, pero de momento non hai problema de desabastecemento. Para manter a situación baixo control, Muras insiste nun “consumo responsable” e, entre outras pautas, pide que se utilice a ducha en lugar do baño, que non se deixe correr a auga do grifo sen necesidade ou que se enchan os lavavaixelas e lavadoras para reducir o número de lavados, ademais de evitar o uso de auga que non sexa estritamente necesario.

A prealerta por seca hidrolóxica foi activada por Augas de Galicia para as concas do río Mera e dos máis pequenos que desembocan nas rías de Ortigueira e Cedeira, e para as concas dos ríos da Mariña lucense que desembocan no Cantábrico. A medida supón o reforzo do seguimento destes ríos con inspección da gardería fluvial para comprobar o seu estado e o dos ecosistemas asociados.

Back to top