O ALCALDE DE ORTIGUEIRA PIDE QUE O CRIBADO SE ESTENDA Á VECIÑANZA CON TARXETAS NOS CENTROS DE SAÚDE DE MERA E ESPASANTE
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, pediu ás autoridades sanitarias que, si é posible, continúen co cribado para detectar novos positivos en Covid-19 na localidade. Explica que o feito de que únicamente se atopara un contaxiado no xa realizado é unha boa noticia, pero asegura que só se citou a veciños e veciñas con tarxeta no centro de saúde de Ortigueira, polo que considera que podería estenderse a proba aos que pertencen aos de Mera e Espasante das mesmas franxas de idade ou incluso doutras se se considera oportuno. Pola súa banda comprométese a manter as dúas carpas que instalou o Concello para poder facer os tests se é que se decide continuar con eles.
Muras quixo agradecer o labor realizado polo persoal do centro de saúde, que traballou intensamente todos estes días, e tamén a colaboración de Protección Civil e a Policía Local, que foron os responsables da correcta organización do cribado.