Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Nova unidade didáctica para descubrir a riqueza ornitolóxica da ría de Ortigueira

O Concello de Ortigueira desenvolveu, dentro do marco do proxecto “Birding Ortegal”, unha nova unidade didáctica dixital destinada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, coa finalidade de dar a coñecer a extraordinaria riqueza ornitolóxica da ría de Ortigueira e Ladrido e promover a sensibilización ambiental entre as novas xeracións.

A unidade ofrece contidos adaptados ao currículo escolar galego, información sobre as aves máis destacadas do territorio, os seus ciclos migratorios, características dos seus hábitats e os factores ambientais que converten esta ría nun enclave natural de gran valor ecolóxico. Ademais, inclúe actividades prácticas, xogos interactivos e un proxecto final de investigación pensado para fomentar a participación activa e o pensamento científico do alumnado.

O recurso xa está dispoñible para a súa consulta premendo aquí.

Esta unidade didáctica enmárcase dentro do proxecto «Birding Ortegal», impulsado polo Concello de Ortigueira e financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Con esta iniciativa, o Concello continúa a traballar na divulgación ambiental e na posta en valor dun dos espazos naturais máis importantes da comarca.

Back to top