Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“MEDIDAXMEDIDA”, BASEADA NA OBRA DE SHAKESPEARE, CHEGA O SÁBADO AO TEATRO DA BENEFICENCIA

O Teatro de Beneficencia acollerá este sábado, día 28 de novembro, ás 20.00 horas, a representación da obra “MedidaxMedida”, da compañía Producións Teatrais Excéntricas e que conta cun reparto de luxo: Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay, Víctor Mosqueira e Bernardo Martínez.

A peza está baseada na obra de William Shakespeare e desenvólvese nunha Viena surrealista, onde o Duque Vincenzo aplica con todo rigor a lei contra os comportamentos “inmorais”.

As entradas teñen un prezo de 3,50 euros e non se poderán adquirir en venda anticipada polas actuais circunstancias sanitarias. Asimesmo, por motivos de seguridade e hixiene recoméndase levar o importe exacto e acudir ao teatro 20 minutos antes do inicio da obra, para que se poida acomodar aos espectadores, xa que o aforo é, loxicamente, reducido. A entrada será pola porta traseira.

Back to top