MEDIDAS DESDE O LUNS 8 DE XUÑO. FASE 3
Estes son os criterios máis destacables da fase 3 á que o Concello de Ortigueira tense incorporado, como o resto de Galicia, hoxe luns 8 de xuño:
- Os galegos e galegas poderán desprazarse por todo o territorio autonómico sen restricións entre provincias.
- Autorízanse as reunións de ata 25 persoas e non existirán franxas horarias para ningún colectivo.
- Os comercios poden abrir cun 50% do seu aforo.
- Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local sempre que non se supere o 50% do seu aforo. Nas terrazas ao aire libre, limitarase o aforo ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas.
- Permítese a reapertura de discotecas e bares de ocio nocturno sempre que non se supere un terzo do seu aforo.
- Nos locais de xogos e apostas non se deberá superar o 50% do aforo.
- As cerimonias nupciais poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, sempre que non se supere o 75% do seu aforo.
- Os deportistas integrados en clubes participantes en ligas non profesionais federadas poderán retomar os adestramentos en pequenos grupos de 20 deportistas como máximo.
- Os hoteis e complexos turísticos poderán reabrir as súas zonas comúns sempre que non se supere un 50% do seu aforo.
- Poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza en grupos de ata 30 persoas. Tamén se autorizan as actividades de tempo libre para a poboación infantil e xuvenil.
- Permítese a realización da actividade de guía turístico/a, preferiblemente mediante cita previa e con grupos de 20 personas como máximo.
- Tamén se permite a realización de congresos, encontros, reunións de negocio e conferencias promovidos por calquera entidade, pública ou privada, e sempre que non superen os 80 asistentes.
- Nas bibliotecas, museos, monumentos e salas de exposicións, o aforo permitido será do 50% e as visitas en grupo non poderán reunir máis de 20 persoas.
- Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75% do seu aforo.
- Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre ou 25 persoas en espazos pechados.
Outros criterios relevantes, na seguinte galería de imaxes