Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MAÑÁ ABRE O PRAZO PARA QUE AUTÓNOMOS, PEMES E MICROPEMES SOLICITEN AS AXUDAS ESTABLECIDAS POLO CONCELLO POLA COVID-19

O Concello de Ortigueira abre mañá xoves, día 23 de xullo, o prazo para solicitar as axudas que concede a administración local destinadas a autónomos, pequenas e medianas empresas e micropemes con sede no termo municipal. Trátase de subvencións por importe de mil euros para aqueles negocios que tiveron que pechar as súas portas durante o estado de alarma, ou de 600 para os que rexistraron perdas do 75% ou máis con respecto aos ingresos anteriores como consecuencia da pandemia.

As solicitudes terán que presentarse a través da sede electrónica do Concello, dirixidas ao departamento de Promoción Económica e Emprego e o prazo é de 20 días hábiles.

A administración municipal reservou unha partida de 200.000 euros para estas axudas, aínda que pode ser incrementada se é preciso.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro das bases destas axudas:

IR A LIGAZÓN bases completas para as subvenciones dirigida a autónomos, PYMES e MICROPYMES para la protección del empleo y de la actividad económica del municipio de Ortigueira en el marco de la crisis sanitaria del COVID-19

Back to top