Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Gran éxito da xornada “Todas a unha”

Como peche da programación proposta pola Concellería de igualdade con motivo do Día Internacional da Muller, O CIM organizou o sábado pola tarde a xornada “Todas a unha”, o I networking de emprendedoras, un encontro no que mulleres empresarias e emprendedoras do concello compartiron os seus proxectos empresariais, as súas inquedanzas, necesidades e sobre todo a súa aportacións á comunidade.

A actividade serviu para dar a coñecer os produtos e servizos que comercializan as participantes, xerar contactos e posibles iniciativas de colaboración entre elas.

Tamén houbo ocasión para coñecer o instrumento do Punto Violeta romovido polo Ministerio de Igualdade e a Guía de actuación contra a violencia machista de modo que poidan visibilizar nos seus negocios co Punto Violeta, que son lugares refuxio e que están implicadas na loita contra esta lacra social.

O CIM agradece a participación e a implicación que todas elas amosaron durante a xornada e a Sara Vierna de Almas MeraKi a tarefa de cohesión e ilusión que logrou transmitir.

Esta actividade foi cofinanciada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

 

 

Back to top