FIN DE SEMANA MUSICAL EN ORTIGUEIRA
Ortigueira vivirá os días 23 e 24 de novembro unha fin de semana musical. O sábado terá lugar no Teatro de Beneficencia un concerto da Banda de Música de Ortigueira en homenaxe a David Lozano “Mozano”, un xove músico que morreu repentinamente este ano aos 32 anos de idade e que foi membro da agrupación. Será a partir das oito da tarde.
O domingo celebrarase o Concerto de Santa Icía, patrona da música, ás 13.00 horas na Igrexa de Santa Marta. Actuarán a Coral Polifónica de Ortigueira e a Coral Virxe do Mar de Cedeira.