Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FEDERICO PÉREZ LEVA ESTE SÁBADO AO TEATRO DA BENEFICENCIA O SEU MONÓLOGO “A NOITE DO CAPADOR”

O monologuista Federico Pérez, o televisivo Josito de “Padre Casares” estará este sábado ás 20.00 horas no Teatro da Beneficencia para poñer en escea o seu espectáculo“ A noite do capador”.

As entradas teñen un prezo de 3,50 euros e desde o Concello recomendan levar o importe exacto ou pagar con tarxeta por motivos de seguridade e hixiene. O aforo será limitado e o acceso á sala farase 15 minutos antes do comezo da función pola porta traseira do teatro, para que o persoal municipal acomode ao público respectando as medidas de seguridade.

Esta actuación e o resto das da programación cultural están suxeitas a cambios ou cancelacións pola situación sanitaria, motivo polo que tampouco hai venda anticipada.

No seguinte vídeo pódese ver ao propio actor animando aos veciños a ir a ver o monólogo.

Back to top