EXPOSICIÓN DE PINTURA DE ÁLVARO FERNÁNDEZ POLO
O vindeiro venres, 29 de marzo, inaugurarase no Claustro do Concello de Ortigueira unha exposición de pintura de Álvaro Fernández Polo, que estará aberta durante todo o mes de abril. A inauguración está prevista para as sete e media da tarde. A temática da mostra é a natureza e a figura feminina.
Lembrámosvos tamén outras actividades para esta semana: O martes 26 rematará o ciclo “Feito a man na biblioteca: Encaixe de palillos”, coa exposición dos labores realizados e a intervención da artesá Ángeles Rodríguez Graña. O acto dará comezo ás seis da tarde. O mércores 27 será a quenda da tecnoloxía, cunha actividade na Aula Cemit que empezará ás 10.30 horas e que leva por título “Trucos para utilizar o whatsapp”.