ÉXITO DA PROGRAMACIÓN QUE A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA DESENVOLVEU EN LIÑA DURANTE O VERÁN
Os programas que a Escola de Música Concello de Ortigueira desenvolveu a través da súa canle en liña de televisión (EMCO TV) este verán acadaron un gran éxito nas redes sociais, conseguido máis de 11.000 visualizacións en Facebook e Youtube. O centro organizou unha programación semanal orientada a divulgar a música feita en Ortigueira que lle reportou, ademais, duplicar o número de subscritores na canle de Youtube e superar os 4.200 seguidores en Facebook.
A EMCO está traballando xa no inicio do curso escolar, para o que se realizou a matrícula no mes de xuño, aínda que se abrirá unha nova convocatoria proximamente para que o alumnado interesado poida cubrir as vacantes dispoñibles.
O centro contará así mesmo cun protocolo de medidas sanitarias para conseguir que as clases se leven a cabo nun contorno seguro e agradable.