Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXIII Xornada Gastronómica de Doces do Entroido

Este evento terminou

Hoxe celébrase a XXIII Xornada Gastronómica de Doces do Entroido.

A inscrición é gratuíta e a entrega de doces (mínimo dunha ducia) ten lugar o mesmo día do certame entre as 18.00 e as 19.00 horas; o fallo darase a coñecer a partir das sete da tarde e, a continuación, haberá unha degustación na carpa da Alameda. Hai catro categorías: orellas, bolas, freixós e pistrinos.

En cada categoría haberá un primeiro premio de 75 euros e un segundo de 50 e os e as participantes a título individual poden concursar nas que desexen.

Tamén se establece un único premio de 150 euros para as asociacións que participen nalgunha das categorías cun mínimo de dez socios.

O xurado estará formado polo alcalde ou concelleiro/a en quen delegue e representantes de asociacións ou entidades nomeadas polo Concello. Tamén neste caso poderán declararse os premios desertos.

Back to top