Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mostra – Conversa: Patchwork con Gabi Villasuso

Este evento terminou

Na biblioteca municipal, a partir das 11.30 horas, Gabriela Villasuso será a protagonista desta mostra – conversa sobre Patchwork, nunha nova xornada de divulgación organizada polo Concello de Ortigueira.

Gabriela Villasuso imparte as clases de patchwork na antigua escola unitaria desde o ano 2000.

Esta actividade forma parte dun novo programa “Feito a man na biblioteca” e vaise desenvolver ao longo de varios meses. O obxectivo é difundir actividades (artesanía, afeccións…) levadas a cabo no municipio por diferentes persoas e asociacións, e incluirá un obradoiro para nenos e nenas impartido polo persoal da biblioteca, e unha charla e/ou exposición para adultos, levado a cabo por esas persoas ou asociacións colaboradoras.

Back to top