Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal danse cita nun networking gratuíto en Ortigueira

  • A xornada, organizada por AJE Ferrolterra coa colaboración do Concello, levarase a cabo o vindeiro 23 de maio ás 10:00 horas no centro social de Ortigueira.
  • As persoas que queiran anotarse poden facelo a través do correo electrónico aje@cofernet.com ou o teléfono 981 33 33 22 ata o sábado 21.

Ortigueira será punto de encontro para persoas emprendedoras de Ferrolterra, Eume e Ortegal. O vindeiro luns, 23 de maio, ás 10:00 horas celebrarase no centro social de Ortigueira unha xornada de networking organizada por AJE Ferrolterra coa colaboración do Concello.

A través desta iniciativa gratuíta, ambas entidades buscan ampliar a rede de contactos dos empresarios e empresarias participantes, aumentando deste xeito as súas oportunidades de negocio e, á súa vez, a posibilidade de crear novas sinerxias. O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, agradeceu a AJE Ferrolterra “que escollera o noso municipio para desenvolver esta iniciativa, enriquecedora para os negocios locais e as persoas emprendedoras da contorna, nun evento que contribúe a impulsar a economía do noso municipio”.

No encontro dispoñeranse sete mesas redondas nas que cada empresario e empresaria dispoñerá de dous minutos para presentar o seu negocio ante, polo menos, cinco persoas. Farano rotando polas diferentes mesas, polo que en tan só hora e media os e as participantes poderán facer ata 40 contactos.

“ Unha oportunidade única para potenciar, promover e dar visibilidade aos negocios, abríndose a novos mercados e puidendo xurdir deste tipo de iniciativas novos proxectos”, remarcou Muras.

A xornada conta cun total de 49 prazas. As persoas interesadas en inscribirse poden enviar un correo a aje@cofernet.com ou chamar ao 981 33 33 22 ata o sábado 21.

Back to top