Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO MELLORA OS ACCESOS A CATRO LUGARES MÁIS DO RURAL ORTEGANO

O Concello de Ortigueira mellora a seguridade viaria do municipio coa pavimentación de vías municipais nas parroquias de Devesos, As Neves e Insua. O proxectos foron redactados e presentados polo Concello á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para obter axuda económica, a cal foi superior ao 90% ( excluído o IVE), contando cun orzamento aprobado de 93.278 euros.

O proxecto levará a cabo nun total de catro vías, que se atopaban deterioradas polo tráfico rodado e o paso do tempo. Para dar solución ao mal estado destas conexións están a levarse a cabo traballos de aporte dunha capa de aglomerado en quente sobre o firme asfáltico. Dentro das accións inclúese tamén nova sinalización horizontal e vertical e a mellora da drenaxe nestas pistas a través da limpeza de cunetas, atarjeas e instalación de novas tubaxes.

Puntos nos que se realizan as melloras de seguridade viaria

As obras, que actualmente se atopan en fase de execución e que estarán finalizadas antes de verán, afectan a catro vias do termo municipal. Así pois, as actuacións que levan a cabo na parroquia de Devesos, permitirán mellorar a plataforma que conecta a estrada AC-101 de Ortigueira ás Pontes co lugar de O Casón e a vía que une o Cruce do lugar de O Cotón co límite do Concello de Mañón. Na parroquia das Neves procédese á pavimentación de acceso ao lugar de O Toxeiro, desde o cruce da vía municipal que une o lugar da Caxigueira coa AC-101. Por último, actúase no acceso que conecta a estrada provincial DP-4906 co lugar de Cascastro, na parroquia de Insua.

“Ortigueira conta cunha poboación moi dispersa, polo que ou número de pistas existentes para dar servizo aos diferentes núcleos de poboación é moi elevado. De aí que as obras que se fagan deben supervisarse, quedar ben executadas para que duren, de xeito que podamos ter en en poucos anos todo ou Concello ben” indicou o concelleiro de Medio Rural, Servizos Básicos e Cidadanía, Miguel Ángel Yáñez. “Debemos implicarnos constantemente en atender as necesidades e mellorar non posible a calidade de vida dás persoas que viven en lugares dás distintas parroquias do Concello e que fan uso destas vías municipais a diario. Desde ou Goberno mantemos que deben de estar igual de atendidos que un veciño ou veciña que viva non pobo e pouco a pouco irémolo conseguindo”, incidiu.

Back to top