Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Día do cómic na biblioteca municipal

A Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre” acolle este 17 de marzo unha actividade moi especial con motivo do Día do Cómic, unha xornada pensada para achegar a creatividade e a lectura aos máis novos a través dun dos personaxes máis icónicos da banda deseñada.

Os nenos e nenas de tres a doce anos (que estean a cursar Educación Infantil ou Educación Primaria) poderán participar nunha serie de obradoiros temáticos inspirados no universo de Astérix.

A actividade contará con tres quedas diferentes ao longo da tarde, polo que será necesario escoller só unha das seguintes quendas: 16:30 h, 17:30 h ou 18:30 h.

Para participar é imprescindible inscrición previa, que poderá formalizarse na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 981 400 101, a partir do martes 10 de marzo. Cada persoa poderá inscribir a un único neno ou nena, agás no caso de irmáns.

Back to top