Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Descubre todas as actividades programadas ata final de ano en Ortigueira nas xuntanzas ‘Ao redor dun café’

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade iniciará en setembro unha serie de xuntanzas nos diferentes centros sociais das parroquias do Concello de Ortigueira, denominadas ‘Ao redor dun café’. A finalidade é achegar as actividades e os programas municipais ás parroquias, presentando os eventos previstos ata finais de ano, así como recoller as demandas e inquedanzas da veciñanza de cara á organización das actividades do próximo ano.

As primeiras citas terán lugar nas seguintes parroquias ás 18:30 horas:

  • Luns, día 4 de setembro en San Adrián.
  • Mércores, día 6 de setembro en Mera de Arriba.
  • Venres, día 8 de setembro en Mera de Abaixo.

Non é necesario inscribirse. As datas e lugares das restantes parroquias serán comunicadas con antelación nas canles de comunicación do Concello de Ortigueira.

Back to top