CURSOS DE COCIÑA CREATIVA E MANUALIDADES PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS
O Concello de Ortigueira poñerá en marcha a partir de novembro novas actividades de lecer dirixidas aos veciños e veciñas máis novos. En concreto, ofrécense cursos de cociña creativa e manualidades, abertos para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e cun custo de 13 euros ao mes. As inscricións teñen que se realizar na piscina municipal.
O curso de cociña creativa comezará o 6 de novembro nas instalacións do CEIP José María Lage e impartirase os martes de 16.15 a 17.30 para participantes de 3 a 5 anos e de 17.30 a 18.45 para os de 6 a 12.
O de manualidades tamén terá lugar no colexio, coa mesma data de comezo e idéntico horario, pero neste caso as clases serán os mércores.
Na seguintes ligazóns, pode descargarse as instancia para participar nestas actividades:
DESCARGA PDF Instancia de inscrición no curso de manualidades
Curso cocina (Plazas completas).