Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concurso de cabazas decoradas de Samaín

Aberto o prazo de entrega do concurso de cabazas decoradas de Samaín, que terá lugar o sábado, 25 de outubro, no 1º andar do Mercado Municipal.

As persoas interesadas en participar poderán entregar as súas cabazas, do 20 ao 24 de outubro en horario de 9:00 a 14:30 h, na Oficina de Turismo de Ortigueira.

As cabazas deberán levar un sobre pechado, que no seu interior conterá o nome da persoa participante e un teléfono de contacto. No exterior do sobre figurará a idade do concursante e o nome da obra. As cabazas presentadas fóra de prazo non participarán no concurso.

Establécense os seguintes premios:

  • Categoría de 3 a 7 anos: 1 premio gañador.
  • Categoría de 7 a 12 anos: 1 premio gañador.
  • Categoría de 13 a 18 anos: 1 premio gañador.
  • Categoría maiores de idade: 1 premio gañador.
  • Premio Aspromor.
  • Premio Residencia de persoas maiores “Dolores Díaz Dávila”.

Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.

A entrega de premios será no Centro Social de Ortigueira ás 19 horas do día 25 de outubro, a continuación do fallo do xurado.

Descarga as bases do concurso aquí.

Back to top