Concentración para manifestar a nosa repulsa da agresión de Rusia a Ucraína
- Este mércores, 2 de marzo, ás 21:00h a praza de Isabel II acollerá unha concentración na que se reivindicará:
A nosa repulsa e condena pola agresión de Rusia a Ucraína.
A nosa total solidariedade co pobo ucraíno.
A petición ao dirixente ruso do cese inmediato dos ataques e a invasión do territorio veciño, desistindo de calquera acción pola forza.