Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COMEZA O CURSO DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL E SAÚDE FÍSICA E EMOCIONAL “O MEU CORPO, A MIÑA CASA”

O Centro de Información á Muller organiza, no marco do programa de Igualdade e Prevención da Violencia, da Secretaría Xeral de Igualdade, o obradoiro “O meu corpo, a miña casa”, de desenvolvemento persoal e de saúde física e emocional, que comezará o vindeiro mércores 15 de maio e que continuará o 29 do mesmo mes, o 12 e 26 de xuño e o 10 e 24 de xullo, de 10.00 a 12.00 horas.

Os obxectivos son promover o autocoñecemento e autocoidado; desenvolver a consciencia corporal; conectar as vivencias das mulleres participantes; empoderalas nas súas dimensións mental, física e emocional; aumentar a sensación de comprensión, apoio e coidado e poñer en práctica ferramentas que lles permitan unha mellor xestión das súas emocións.

Back to top