COMEZA A OBRA DE REPARACIÓN DA CUBERTA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA
O Concello de Ortigueira informa de que a empresa Sergonsa Servicios SL comezou os traballos de reparación da cuberta da biblioteca municipal Juan Fernández Latorre, unha obra que se executará ao longo das vindeiras seis semanas e que conta cun presuposto de 40.000 euros. Os traballos se financian con cargo ao POS do 2019 da Deputación da Coruña.
Trátase dunha intervención moi necesaria para mellorar a habitabilidade do edificio, que presenta importantes danos como consecuencia das filtracións de auga derivadas do mal estado das baixantes.
A obra executarase na parte oeste da biblioteca, desmontando as tellas e os caleiros e conducións que necesitan ser substituídos, colocando outros de zinc, que eran os orixinais deste inmoble de estilo modernista. As vigas e resto de elementos de madeira que o necesiten serán cambiados tamén por outros do mesmo material e instalarase ademais unha nova cuberta de tella con impermeabilización previa.
Na entrada principal desmontarase o falso teito substituíndoo por un novo e pintarase o perímetro da entrada con pintura antimoho. Polo momento a biblioteca reabrirá ao público exclusivamente para préstamos e devolucións de libros.