Chega a Ortigueira a conferencia sobre Teresa Zúñiga con motivo do 8M
Onte, venres 10 de marzo, a biblioteca municipal de Ortigueira acolleu unha conferencia sobre Teresa Zúñiga, con motivo do 8M.
A Concellería de Igualdade e a de Cultura agradecen ao historiador Miguel García o achegamento tan interesante que fixo arredor da condesa de Ortigueira.
O concelleiro de Cultura, Juan Cao, reafirmou o apoio a todas estas iniciativas que destaquen o papel da muller na historia do noso Concello, animando ao persoal técnico do CIM e da Biblioteca municipal de Ortigueira a continuar desenvolvendo actividades tan testemuñais e profesionais como esta conferencia.