Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CERCA DE 6.000 PERSOAS VISITARON AS OFICINAS DE TURISMO DE ORTIGUEIRA NOS MESES FORTES DO VERÁN

Aínda que os datos non son definitivos, cerca de 6.000 persoas visitaron as oficinas de turismo de Ortigueira no que vai de verán. O mes de maior afluencia de público foi o de agosto, con arredor de 3.000.

Pechada xa a oficina de Loiba, o horario da situada na vila durante o mes de setembro será de luns a domingo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Back to top