DATOS DE CONTACTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER
Recheo da Alameda, s/n.
981 402 542.
Horario: luns a venres de 8.00 h a 14.00 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Correo de contacto: cim@concellodeortigueira.com
Centro de Información á Muller (CIM) sito no Concello de Ortigueira, ten reconocida a súa acreditación desde o 14 de abril del 2005, é de titularidade municipal e mediante convenio de colaboración presta servizo aos concellos de Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón.
O persoal do CIM de Ortigueira, unha asesora xurídica e unha psicóloga, realizan actividades de información, de asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación, e mellora de empregabilidade, ás persoas usuarias dos concellos antes mencionados, co compromiso de que os servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades de veciños e veciñas, especialmente aqueles que promoven actuacións tendentes a garantir a igualdade.
As persoas interesadas en acceder aos servizos do Centro de Información á Muller (CIM), deberán solicitar cita previa coa técnica correspondente (psicóloga ou asesora xurídica).
Para facelo, deberán chamar ao 981 402 542/43.
Os servizos específicos que presta o CIM veñen regulados no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2016).