Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Axenda cultural de setembro

O Concello de Ortigueira xa ten cerrada a Axenda Cultural para o mes de setembro, na que están programadas diferentes actividades de cultura, arte, música e deporte, coma por exemplo as rutas de senderismo.

A primeira cita da axenda será o venres 1 de setembro coa festa de clausura de “Ocio Verán” no teatro da Beneficiencia. A cita comezará a partir das 13:00 horas cun baile e coa presentación de todas as actividades realizadas ao longo do verán. O acceso é gratuito.

O día seguinte, o sábado 2 teremos dous eventos: actuación musical e unha das rutas de senderismo. Os xardíns do Claustro do Concello acollerán o concerto de Vantapá Quinteto, dentro do ciclo ‘Seráns do Claustro’. Nel o público poderá escoitar os grandes clásicos de bossanova, swing e blues tocados dunha maneira moi persoal polo grupo. Será ás 20:30 horas e o acceso é gratuito e limitado ao aforo do espazo.

As rutas de senderismo darán comezo o día 2 coa visita á Intermareal de Ladrido e Espasante, que tamén se levará a cabo o mércores 13, pero non será a única. Estas camiñatas prolongaranse todo o mes de setembro nas seguintes datas:

  • Mércores 6 e sábado 16: Ruta dos cantís Loiba – Esteiro.
  • Sábado 9: Ruta do río Mera.
  • Sábado 23: Ruta das marismas de San Adrián.
  • Mércores 27: Ruta do Casón.
  • Sábado 30: Ruta dos cantís Espasante – Céltigos.

Para participar é necesario inscribirse na oficina de turismo de Ortigueira ou no teléfono 981 422 089.

Outra actividade que terá varias citas ao longo do mes é ‘Ao redor dun café’. É unha inciativa da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, na que a finalidade é achegar á veciñanza as actividades e programas municipais que se van levar a cabo no concello ata final de ano. Estas reunións realizaranse nos centros sociais das parroquias ás 18:30 horas e non é necesaria a inscricións previa. As primeiras datas confirmadas son as seguintes:

  • Luns, día 4, en San Adrián.
  • Mércores, día 6, en Mera de Arriba.
  • Venres, día 8, en Mera de Abaixo.

Por outra banda, o xoves dia 7 o teatro da Beneficiencia será o escenario do primer faladoiro de ‘Xornadas de Achegamento da Medicina á Poboación’. O psiquiatra Daniel Núñez falará de saúde mental, máis en concreto da ansiedade e da depresión, a partir das 20:30 horas.

O sábado 9 é a quenda do teatro infantil e familiar, coa función ‘Crisálida’ de Caramuxo Teatro. Con esta obra, coa que a compañía cumpre 20 anos, preténdese render homenaxe ás persoas que crean comunidade e que fan que as nosas cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

A música será a protagonista o sábado, día 23. Dúas das grandes sopranos do panorama nacional, Virginia Wagner e Graciela Armendáriz, da Camerata Lírica de España, deleitarannos coas súas voces interpretando ‘Heroínas de la Zarzuela’, acompañadas pola pianista Celia Laguna. Será no teatro da Beneficiencia ás 20:30 horas e a entrada tendrá un custo de 3.5€.

O mes pecharase co concerto lírico das obras de Martín Codax. Trátase dun recital da mezzosoprano e piano que pon de manifesto o vínculo entre Codax e a música nacionalista do século XX.

Exposicións

Ata o 12 de setembro o Claustro do Concello acollerá a exposición de arte gráfica ‘VII Premio Jesús Núñez’.

Do 22 ao 28 de setembro tamén estará exposta no Claustro do Concello a exposición didáctica ‘O pergamino Vindel: As cantigas de Martín Codax’.

O horario de ambas exposicións será de luns a venres e de 10:00 a 13:30 horas.

Back to top