AVISO DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER
O Concello de Ortigueira desde que se decretou o estado de alarma , a través do persoal técnico do CIM está levando seguimento de todas as vítimas de violencia de xénero as que se estaba atendendo e as mulleres de especial vulnerabilidade, través de atención telefónica e correo electrónico. Ademáis destas atencións están a poñerse en contacto con todas as mulleres das parroquias que viven soas e das que dispoñen de autorización. O servizo do CIM está activo tódolos días en horario de 9 a 14 horas e pódese contactar a través do teléfono 981 40 25 42 ou a través dos correos electrónicos:
rblanco@concellodeortigueira.com (Rocío Blanco, psicóloga).
adopico@concellodeortigueira.com (Ana Dopico, avogada e directora do CIM).
Calquer persoa do municipio que precise apoio psicolóxico nesta situación de confinamento que estamos a vivir, pode recurrir ao servizo de atención psicolóxica do CIM. De luns a venres de 9 a14 horas.
Lembramos que as mulleres que podan estar a sufrir violencia de xénero ou familiar dispoñen dos seguintes teléfonos.
Concello de Ortigueira: 981 402 542 / 604 002 167
Atención á vítimas de violencia de xénero:016
Teléfono da muller: 900 400 273
Emerxencias: 112