APRAZAMENTO DA PREINSCRICIÓN NO SERVIZO “ALMORZOS NA ESCOLA”
Segundo o regulamento de funcionamento do servizo “Almorzos na Escola“, teríase que abrir un prazo de preinscrición durante a primeira quincena do mes de maio a fin de coñecer o número de solicitantes do servizo. Este ano, dada a situación de excepcionalidade que estamos a vivir e salvo novidade, o prazo de quince días abrirase ao día seguinte da finalización da última prórroga do Estado de Alarma.
O servizo “Almorzos na escola” pertence ao programa municipal de conciliación “Conciliortigueira”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.