Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actualízanse as medidas ante a influenza aviaria en aves en Ortigueira

O Concello de Ortigueira recibiu a notificación da Xunta de Galicia informando do cambio da situación de risco, segundo a evolución nas últimas semanas da situación epidemiolóxica da Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade (IAAP) en España, tanto nas áreas silvestres como nas domésticas. Deste xeito, tendo en conta que desde o pasado 21 de marzo non se notificou ningún foco en granxas de aves, e que finalizou o periodo migratorio das aves silvestres desde o norte e o centro de Europa cara ao noso país, decidiuse proceder ao levantamento das medidas acordadas desde o pasado 4 de xaneiro nos municipios incluídos nas zonas ZEV, entre os que se atopa Ortigueira.

Así pois, a única medida a aplicar no municipio é a prohibición da presenza de aves de curral (criadas en granxa) nos centros de concentración, incluíndo os certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, ainda que se poderían autorizar no caso de que a autoridade competene efectuara unha avaliación do risco con resultado favorable. Non obstante, poderase prohibir a concentración doutras aves distintas a estas (como ornamentais, pombas mensaxeiras ou falcóns), no caso de que así se decidira por parte das autoridades competentes tras unha avaliación de risco.

NOTIFICACIÓN XUNTA

Back to top