Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O prazo de solicitude do programa ‘Agasallos de Nadal 2023’ abre o 14 de novembro

O programa ‘Agasallos de Nadal 2023’ ten como obxetivo axudar ás familias con escasos recursos económicos a mercar agasallos de Nadal para nenos e nenas menores de 15 anos ou cunha discapacidade superior ao 33% e de ata 19 anos.

Os solicitantes deben estar empadroados no Concello de Ortigueira (antigüidade mínima de 6 meses) e presentar os documentos requeridos:

– Fotocopia do DNI de cada membro da familia
– Fotocopia do libro de familia
– Xustificación documental dos ingresos de 2023
– Xustificante de gastos de aluguer ou da hipoteca

A axuda por familia estará en función do número de menores beneficiarios do programa, destinándose como contía individual ata o importe de 60 euros por menor.

As solicitudes poderán tramitarse a partir do martes, 14 de novembro, ata o 13 de decembro. Deben cursarse no rexistro xeral do Concello ou na sede electrónica.

Máis información en Servizos Sociais, no teléfono 981 400 000.

 

Modelo de solicitude: SOLICITUDE AGASALLOS DE NADAL 2023

Bases Reguladoras Agasallos de Nadal 2023 publicadas no BOP

Back to top