Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO ATA O 20 DE NOVEMBRO O PERÍODO DE PAGO VOLUNTARIO DE IMPOSTOS E TAXAS DE ORTIGUEIRA

Ata o vindeiro día 20 de novembro incluído está aberto o prazo de pago en período voluntario dos seguintes impostos e taxas municipais de Ortigueira:

  • Imposto sobre Bens Inmobles urbanos, rústicos e de características especiais do exercicio 2020
  • Imposto sobre Actividades Económicas do exercicio 2020
  • Taxa por recollida de lixo do segundo semestre do 2020
  • Taxa por entrada de vehículos do exercicio 2020

O ingreso correspondente poderá realizarse nas oficinas, caixeiro automático ou banca electrónica de Abanca, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Banco Santander, Banco Sabadell, Banco Popular Español/Banco Pastor e Caixabank. Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal aos domicilios, se o contribuínte non o recibe poderá solicitalo á Deputación a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal, chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204, na sede electrónica https://sede.dacoruna.gal ou na Oficina Virtual Tributaria (www.dacoruna.gal/servizostributarios/oficina-virtual). Desde o 13 de novembro non se enviarán novos documentos de ingreso por correo postal.

No caso dos recibos domiciliados, serán cargados nas contas a partir do 20 de outubro. O prazo de devolucións pecharase o día 15 de decembro a través das entidades financeiras, a partir de aí para calquera reclamación os contribuíntes terán que dirixirse á Deputación.

Os pagos que se realicen rematado o período voluntario e ata o 31 de decembro terán unha recarga executiva do 5%; a partir desta data os contribuíntes terán que solicitar novos documentos de ingreso á oficina de información tributaria. O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen ter satisfeita a débeda iniciará o procedemento de prema e a esixencia de recarga e os xuros de mora que correspondan en cada momento.

Recoméndase aos contribuíntes domiciliar os pagos para anos sucesivos para a súa comodidade.

O horario de atención ao público para información e consultas será (con cita previa que se ten que solicitar en dacoruna.gal/cita-previa) de 9.00 a 14.00 horas os xoves na oficina situada na Avenida Escola de Gaitas, 39 B.

Back to top