ABERTA A CONVOCATORIA DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de anunciar a convocatoria para o ano 2021, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código de procedemento TR305A) para un total de 1.209 prazas, entre elas:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 325 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 225 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 150 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas: 150 prazas.
- Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 150 prazas.
- Vixilancia e seguridade privada: 162 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
- 52 prazas das persoas que quedaron na lista de espera na convocatoria anterior.
- 110 novas prazas.
- Servizos para o control de pragas: 47 prazas que pertencen á lista definitiva de persoas en lista de espera.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 11 de febreiro e ditas solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar, presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común, como o rexistro xeral do Concello.
Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co servizo de orientación laboral municipal:
Centro Social. Recheo da alameda s/n, 1º Andar
981 400 000 (extensión 313) – Persoa de contacto: Marika Álvarez
Correo electrónico: malvarez@concellodeortigueira.com
Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro publicado no DOG do día de hoxe: