Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA ACABA DE PUBLICAR NO DOG AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN QUE AFECTARÁN A TODA GALICIA

Atendendo á evolución da crise sanitaria, a Xunta acaba de publicar no DOG as medidas de prevención que afectarán a toda Galicia:

  • Discotecas e outros locais de lecer nocturno permanecerán pechados.
  • Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán pechar máis tarde das 01:00 horas.
  • O consumo dentro dos locais poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, garantindo sempre o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. A ocupación por mesa será de máximo 10 persoas, respectándose entre elas a distancia.
  • Só se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre no caso de garantir a distancia de seguridade interpersoal.

Recoméndase:

  • Restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable e limitar as reunións a un máximo de 10 persoas.

A presente orde producirá efectos desde as 00:00 h do 17 de agosto.

Na seguinte ligazón pode accederse ao texto íntegro da ORDE do 15 de agosto de 2020 publicada no DOG:

IR Á LIGAZÓN ORDE do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19

Back to top